Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
6
| 7
| 8
| 9
| 10
| 11
| 12
Start: 12/03/2017 12:00
XA ESTÁ AQUÍ O NADAL!
O Nadal está chegando e no CEIP San Marcos comezamos a desfrutalo facendo un concurso de postais de Nadal. Foi difícil facer a selección, xa que tod@s fixestes unhas postais moi bonitas, mais este ano debemos felicitar a Iker (de 1º) e a Darío (de 5º), xa que as súas postais foron as gañadoras. Parabéns rapaces!!
Start: 12/03/2017 12:38
DÍA DA PAZ 2017 O 30 de xaneiro de cada curso celébrase o"Día escolar da non violencia e da paz", coincidindo así co aniversario do falecemento de Mahatma Gandhi. Aínda que a paz e algo que debemos poñer en práctica todos os días do ano, non está mal recordar a súa importancia. Por iso, este ano decidimos facer un "Mannequin Challenge" especial, con escenas propias dún día como este. Nós pasámolo moi ben facendo este vídeo, esperamos que vos guste tanto como a nós.
Start: 12/03/2017 13:05
CLASIFICACIÓN NA CARREIRA DE MUÍÑOS Dende o centro, queremos felicitar a Darío (5º de primaria) pola súa clasificación na carreira de Muíños. Esa carreira permitiulle competir con todos os clasificados en Monterrei. Felicidades Darío!!
Start: 12/03/2017 13:21
ENTROIDO 2017 - O FONDO DO MAR Xa está aquí o entroido e, despois dunha semana seguindo as ordes da meca, por fin o venres nos disfrazamos coa temática deste ano: o fondo do mar. Moita música, baile e chocolate, nun día
no que nen@s e profes desfrutamos disfrazándonos. Que ben o pasamos!!!
|