Eventos
XA ESTÁ AQUÍ O NADAL!
O Nadal está chegando e no CEIP San Marcos comezamos a desfrutalo facendo un concurso de postais de Nadal.
Foi difícil facer a selección, xa que tod@s fixestes unhas postais moi bonitas, mais este ano debemos felicitar a Iker (de 1º) e a Darío (de 5º), xa que as súas postais foron as gañadoras. Parabéns rapaces!!
DÍA DA PAZ 2017
O 30 de xaneiro de cada curso celébrase o"Día escolar da non violencia e da paz", coincidindo así co aniversario do falecemento de Mahatma Gandhi.
Aínda que a paz e algo que debemos poñer en práctica todos os días do ano, non está mal recordar a súa importancia.
Por iso, este ano decidimos facer un "Mannequin Challenge" especial, con escenas propias dún día como este. Nós pasámolo moi ben facendo este vídeo, esperamos que vos guste tanto como a nós.
CLASIFICACIÓN NA CARREIRA DE MUÍÑOS
Dende o centro, queremos felicitar a Darío (5º de primaria) pola súa clasificación na carreira de Muíños. Esa carreira permitiulle competir con todos os clasificados en Monterrei. Felicidades Darío!!
ENTROIDO 2017 - O FONDO DO MAR
Xa está aquí o entroido e, despois dunha semana seguindo as ordes da meca, por fin o venres nos disfrazamos coa temática deste ano: o fondo do mar. Moita música, baile e chocolate, nun día
no que nen@s e profes desfrutamos disfrazándonos. Que ben o pasamos!!!
CHARLA DA MANCOMUNIDADE SOBRE HÁBITOS SAUDABLES
Esta semana viñeron ao noso centro Lucas e Sara a falarnos de hábitos de vida saudables. Agora temos que aplicar todo o que nos explicaron. Mans á obra!
ÍMOS AO TEATRO PARA VER "MAMÁ CABRA"
O luns 13 de marzo, os nenos e nenas de educación infantil e de primeiro e segundo de primaria saimos do cole para ver o espectáculo de "Mamá Cabra", un grupo galego de teatro infantil que mestura o teatro coa música. Gustounos moito e aquí deixamos unhas fotos de recordo. Pasámolo moi ben!!
COMPETICIÓN DE FÚTBOL CO "DEPORTE ESCOLAR"
Os nosos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º de primaria participaron nunha competición de fútbol sala na Merca contra o alumnado deste centro e o de Toén. Pasárono moi ben e, aínda que non gañaron, case o consiguen!!
"NUNCA SEN ALMORZO"
Como todos os anos, este venres 17 de marzo tivo lugar no noso centro a actividade "Nunca sen almorzo". Esta actividade, organizada pola Xefatura Territorial de Sanidade de Ourense e levada a cabo por Puri, pretende concienciar ao alumnado da importancia do almorzo na nosa alimentación, así como da adquisición duns hábitos de vida saudables.
A través do conto de Pipo e Tuno, os nenos e nenas de infantil, primeiro e segundo de primaria reflexionaron sobre a importancia de durmir entre 8 e 10 horas, de non ver demasiado a tele ou de non comer moitas lambetadas. Por outro lado, Puri faloulles aos nenos de terceiro, cuarto, quinto e sexto da necesidade de coidar o noso corpo, así como da hixiene persoal.
3ª SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA
Este ano festexamos no noso centro a "Semana escolar da árbore e da auga". Nesta semana, todo o alumnado de primaria recibiu un agasallo: o libro titulado O amor eterno de Rozabales.
Despois de traballar con el, de falar sobre a importancia dos nosos bosques e de reflexionar sobre a presencia dos castiñeiros, cada alumn@ tivo que pensar un nome para poñerlle a un castiñeiro que plantamos este venres 24 de marzo no noso patio.
Finalmente, o neno máis cativo do cole, Arjuna (de educación infantil) seleccionou, de entre todos os do cole, o nome pensado pola nosa compañeira Zuleyma (de 1º de primaria), quen lle puxo: "Meco das Teixugueiras". Aquí vos deixamos algunhas fotos deste día!
ÍMOS PRESENTAR O NOSO TRABALLO A CELANOVA!
Este ano, o equipo de dinamización lingüística da zona decidiu facer uns traballos sobre rutas turísticas e a súa importancia na nosa contorna.
Dende o noso cole, e liderado pola profe Sandra, participamos facendo un gran taboleiro no que presentamos as principais rutas turísticas de Cartelle.
Quedounos xenial e aquí deixamos unhas imaxes que así o demostran!!
CHEGOU A PRIMAVERA!
Xa está aquí a primavera e os nenos e nenas da profe Laura fixeron un mural para celebrar a chegada desta nova estación. Que bonito lles quedou!!