Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
6
Start: 06/07/2015 12:37
Nunha nova ocasión recibimos a visita de Lito, quen non pode faltar a súa cita anual co obradoiro de xogos tradicionais que realiza o Centro de Cultura Popular Xoaquin Lourenzo. Unha vez mais, grazas Lito, e ata o ano! Xogos de mesa, a ra, a chave... e moitos mais!!!
all day
Realizamos unha visita ao Complexo Medioambiental do Alto do Rodicio. Alí recupérase a fauna salvaxe que sofre algún accidente ou percance. Despois de recibir a atención veterinaria e coidados, téntase reincorporar de novo á vida salvaxe. Cegoñas, aguias, bufos, cabalos, raposos... e o espectacular lobo!
| 7
Start: 07/07/2015 09:37
O CEIP "San Marcos" foi o anfitrión para a presentación de traballos realizados durante o segundo trimestre do curso por alumnos e alumnas dos centros con participación activa na Coordinadora Comarcal de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística Terra de Celanova - Baixa Limia. A mostra, coma en anteriores ocasións, é itinerante e percorrerá tódolos centros participantes.
all day
Unha nova entrega de competicións deportivas deste curso. Nesta ocasión, turno para o bádminton. Estivemos a competir duramente no encontro realizado no CEIP "Rogelio García Yáñez" en Ramirás. Aquí temos a dúas campionas e un campión!
Start: 07/07/2015 09:55
A Semana de Letras Galegas estivo chea de actividades. Estivemos presentes nos XX Encontros de Teatro Escolar e Amateur de Bande. Alí presentamos a obra "Os Tres Curmáns". Realizamos o festival do colexio e recordamos o 40 aniversario do centro. Presentamos a revista do centro "Reflexo XIX", e non podía faltar a nosa homaxe ao escritor das Letras 2015, Xosé Fernando Filgueira Valverde. Xa é outro compoñente na nosa galería de ilustres escritores e escritoras.
| 8
| 9
| 10
| 11
| 12
|