Eventos
Nunha nova ocasión recibimos a visita de Lito, quen non pode faltar a súa cita anual co obradoiro de xogos tradicionais que realiza o Centro de Cultura Popular Xoaquin Lourenzo.
Unha vez mais, grazas Lito, e ata o ano!
Xogos de mesa, a ra, a chave... e moitos mais!!!
Realizamos unha visita ao Complexo Medioambiental do Alto do Rodicio.
Alí recupérase a fauna salvaxe que sofre algún accidente ou percance.
Despois de recibir a atención veterinaria e coidados, téntase reincorporar de novo á vida salvaxe.
Cegoñas, aguias, bufos, cabalos, raposos... e o espectacular lobo!
O CEIP "San Marcos" foi o anfitrión para a presentación de traballos realizados durante o segundo trimestre do curso por alumnos e alumnas dos centros con participación activa na Coordinadora Comarcal de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística Terra de Celanova - Baixa Limia.
A mostra, coma en anteriores ocasións, é itinerante e percorrerá tódolos centros participantes.
Unha nova entrega de competicións deportivas deste curso.
Nesta ocasión, turno para o bádminton.
Estivemos a competir duramente no encontro realizado no CEIP "Rogelio García Yáñez" en Ramirás.
Aquí temos a dúas campionas e un campión!
A Semana de Letras Galegas estivo chea de actividades.
Estivemos presentes nos XX Encontros de Teatro Escolar e Amateur de Bande. Alí presentamos a obra "Os Tres Curmáns".
Realizamos o festival do colexio e recordamos o 40 aniversario do centro.
Presentamos a revista do centro "Reflexo XIX", e non podía faltar a nosa homaxe ao escritor das Letras 2015, Xosé Fernando Filgueira Valverde. Xa é outro compoñente na nosa galería de ilustres escritores e escritoras.
Unha ocasión mais achegámonos ata Mazaricos, na comarca do Xallas, para distrutar das moitas actividades do centro multiaventura Naturmaz.
E de novo, foi todo un éxito! Acabamos de rematar e... xa queremos repetir!!!
Participamos na V Convivencia da Coordinadora Comarcal de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística Terra de Celanova -Baixa Limia.
Este ano tocou visitar as terras de Padrenda. Fabulosa andaina nun marco natural espectacular. O vindeiro curso mais!
Con moitas cousas que celebrar, as Letras Galegas 2015, o 40 aniversario do Colexio, a proximidade da fin de curso, preparamos e realizamos o Festival 2015.
Pasámolo moi ben coas cancións, os bailes, o teatro... E rematamos cun xantar de convivencia de toda a comunidade educativa do CEIP "San Marcos" e con xogos deportivos.
E xa case rematando o curso 2014-2015, os mais pequechos e pequechas do cole vivimos unha xornada inesquecible no ecoespazo "O Rexo" en Allariz.
O coidado e respecto medioambiental foron os fíos condutores da nosa visita.
Rematou o curso!!!
Boas vacacións para tod@s!
E non esquezades voltar o 10 de setembro!