Normalización lingüística

PARA SABER MÁIS DO SAMAÍN

   Samhain é a festividade de orixe celta, máis importante do periodo pagano que dominou Europa ata a chegada do cristianismo, na que se celebraba o final da tempada das colleitas nestes pobos, considerábase como o “Ano Novo Celta”, que comenzaba coa estación escura.

   É practicada dende hai máis de tres mil anos polos pobos celtas que poboaron toda Europa (en Iberia en lugares como Galicia, o norte de Portugal, algunas zonas de Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e en gran parte de León).

   Nos idiomas gaélicos “Samaín” é a palabra “novembro” e pode significar “fin do verán”.

   Rafael López Loureiro, mestre da escola de Cedeira (A Coruña) foi o responsable de redescubrir esta tradición e comprobar que existía por toda Galicia hasta hai menos de trinta anos. Tamén comprobou a súa pervivencia no norte de Cáceres, onde están situadas as aldeas de fala galega, e nas zonas de Zamora e de Madrid.

   Este estudioso analizou a relación do costume das cabazas co culto á morte e a semellanza coas tradicións irmáns das illas británicas. 

   Ata chegou a detectar peculiaridades como a de Quiroga (Lugo), onde a cabaza tallada se seca e consérvase para usala como máscara no Entroido.

   López Loureiro tamén divulgou a tradición das cabazas e a súa relación con Samhaín polos colexios e asociacións de todo tipo, o que está a provocar que cada vez haxa máis lugares nos que que se celebra esta festa sen pasar pola influencia dos Estados Unidos; pois foron os emigrantes chegados a América os que levaron esta tradición. Tamén promoveu, fai trece anos, o Samaín que aínda hoxe se celebra en Cedeira. 

   Nos últimos anos asitimos ao renacer dun tradicional costume dos nenos do país galego: o tallado de caveiras nas cortizas dos colondros, cabazas ou melóns.

   Extendida a súa recuperación baixo o nome de Samaín, son numerosos os colexios, concellos, asociaciacións e institucións que chegado o tempo de outono e perto do Día dos difuntos (2 de novembro) poñen en pé un evento, máis ou menos festivo, que pretende revindicar, frente a moda do Halloween, a galeguidade das caveiras alumeadas.

   “Facer o samaín” é xa unha nova expresión que, por vontade de uso dos galegos, donos da lingua, tenentrado no idioma. Samaín, Samhain, Sammonios, Sammas… son palabras gaélicas que non virían a significar senón “fin do verán” ou “asamblea da Samaín céltica, a grande reunión anual das xentes céticas, celebrábase ao redor do día 1 do mes de Santos (novembro) no lugar donde estaban as tumbas dos antepasados.


   O importante é retomar a tradición baixo as formas e maneiras que lle deron sentido en cada bisbarra: calabazotes, calacús, caliveras de melón, colondros, estantiguas… e con elas no corazón, erguela do esquecemento e ofrecerllas as xeracións futuras cos mesmos plantexamentos que lle deron sentido no pasado.

 

   Pero quen queira recuperala baixo o nome xenérico de “O Samaín” (que non exclúe, ben se entende, as nomenclaturas locais), saiba que se acolle a unha interpretación histórica coherente, aceptada por toda a historiografía europea.

SAMAÍN 2013

Algo está a pasar na biblioteca...

Atréveste a adiviñalo?

 

 

Esta semana celebramos o Samaín. E como en anos anteriores será na biblioteca o lugar onde convivan bruxas, monstruos, medos, ...

Estades todos e todas convidados. O horario de visita do alumnado podese ver no documento adxunto. As familias podedes acceder á biblioteca  o luns, martes e mércores de 16:30 a 18:00.

COMPADRE, DESQUE UN VAI VELLO

O C.E.I:P. Plurilingüe "San Marcos" participou na celebración do 150 aniversario de Rosalía de Castro colaborando na lectura colectiva do libro "Cantares gallegos".

A nós tocounos o último capítulo do libro (nº 37. Compadre, desque un vai vello) e participaron na lectura do mesmo alumn@s de 3º a 6º Nivel (un por cada aula) Os protagonistas son: Pablo Fernández, Anira Leiras, Helena Rey, Noa Codesido, Hugo de la Iglesia, Arón Agilda, Marcos López e Paula Mosquera.

A todos eles moitas grazas por parte do EDLG e do Equipo de Biblioteca.

 

MOSTRA ETNOGRÁFICA

Rematada a Mostra Etnográfica o EDLG e Biblioteca quere agradecer ás familias a súa colaboración cedendo obxectos que para eles teñen un valor inestimable polo seu significado.

Tamén agradecer as visitas realizadas ao longo da mesma, mostrando unha grande interese polo alí exposto.

Por último salientar o valor educativo da mesma pois a través de visitas guíadas, todo o alumnado do Colexio visitou a mostra e ademáis de contemplar obxectos moi alonxados da realidade actúal tamén coñeceron palabras do noso idioma esquencidas pola falta de uso.

Agora xa nos toca poñernos a matinar sobre a exposición do vindeiro curso.

Rematamos con algunha fotografía. Na galería da web colgaremos unha reportaxe máis ampla da mesma.

.

 

Powered by Drupal - Design by artinet