Agra de San Marcos s/n. 15318 Abegondo - A Coruña. Teléfono: 881 880 201. Fax: 881 880 207. Correo electrónico: ceip.san.marcos@edu.xunta.es
Festival de Nadal
Pois chegou o momento de celebrar o Nadal e, como todos os anos nós tamén o queremos celebrar cos compañeiros cos que pasamos tantas horas durante o curso.
Coma sempre, xuntámonos para cantar, bailar, actuar … en fin, facer unha pequena festa que nos sirve tamén de despedida porque marchamos de vacacións ata o ano que vén!!!
Novidades na biblioteca
Neste primeiro trimestre mercamos unha chea de libros para a biblioteca. Sabemos que cada ano van cambiando as inquedanzas e as necesidades e por iso non podemos deixar de traer máis e máis novidades para que todos gocedes de este espazo que é voso.
Andaina polo camiño
E como este curso traballamos sobre o camiño inglés… alá fomos a facer un cachiño do camiño. E fomos todos!! Dende os de tres ata os de sexto!!
Foi a nosa primeira mini-aventura!! Acabamos a nosa andaina no Mesón no camiño onde tivemos un excelente recibimento.
Samaín e Halloween
Como ben sabedes acabamos de celebrar a arrepiante festa de Halloween e Samaín e, coma sempre, non podemos facer máis que darvos as máis expresivas grazas pola vosa colaboración. Cada ano sorprendédesnos máis co voso traballo, coa vosa entrega e coa vosa imaxinación. Este ano o nivel, de novo, subiu e subiu. GRAZAS!! Sen todos vós isto non sería posible. |
Xa estamos de volta!!
Ola a tod@ s e benvidos de novo a esta vosa casa.
O verán pasou nun suspiro e xa estamos aquí outra vez cargados de enerxías renovadas e preparados para facer unha chea de cousas novas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- seguinte ›
- última »