Tarefas para a semana do 27 de abril

E mentres esperades polo inminente estreno ... aquí tedes algunhas ideas para ir pasando o tempo
 
 O Equipo de biblioteca xunto co de Voluntariado miúdo achéganos unha proposta solidaria cara a terceira idade.  Podédesvos informar en https://bibliomarquinos.blogspot.com/2020/04/debuxos-e-mensaxes-de-animo-para.html
 
Dende o Proxecto Deportivo de Centro anímanvos a celebrar mañá, día 28 de abril, o Día da educación física na casa e a participar na súa proposta que atoparedes en http://pdcsanmarcos.blogspot.com/2020/04/dia-da-educacion-fisica-en-casa.html
 
O Equipo de dinamización da lingua galega acheganos unha proposta sobre os maios e anímanos a crear a nosa propia figura. Podedes informarvos en https://edlgsanmarcos.blogspot.com/2020/04/chega-o-maio.html
 
 
Ademáis, como moitas e moitos xa saberedes,  dende o Concello queren elaborar "O libro do confinamento", onde todos os veciños e veciñas poidan plasmar as súas vivencias destes momentos históricos que atravesamos da maneira que queiran.

Animámosvos a todos e a todas participar como colectivo, como CEIP Plurilingüe San Marcos. Podedes contar a vosa experiencia, os vosos sentimentos, as vosas inquedanzas os vosos medos... o que queirades, e podedes facelo a través dun conto, dunha redacción, dun debuxo, un vídeo, un poema... o que vós queirades.
Cando teñades este traballo mandádeo a  libroconfinamento@ceipsanmarcos.es. 
Recolleranse todas as aportacións que vaian chegando ata o 17 de maio. Despois faremos chegar ao concello todas as experiencias desta familia do "San Marcos".

Veña, animádevos!!!
AdxuntoTamaño
Tarefas para a semana do 27 de Abril. 2º E.P..pdf298.13 KB
TAREFAS 27 DE ABRIL - 3 MAIO.4º EP.pdf688.18 KB
SOLUCIONARIOS 20-26 ABRIL.4EP correxidos.pdf737.06 KB

Powered by Drupal - Design by artinet