Agra de San Marcos s/n. 15318 Abegondo - A Coruña. Teléfono: 881 880 201. Fax: 881 880 207. Correo electrónico: ceip.san.marcos@edu.xunta.es
Solicitude xornada única de mañán para o curso 2019/2020
Esta páxina ter por obxectivo informar dos pasos a seguir para a solicitude do horario de mañán para o próximo curso 2019/2020. Esta solicitude está baseada na inquedanza amosada por parte da comunidade educativa, sustentada por criterios pedagóxicos e coa garantía de manter servizos básicos como son o transporte e o comedor escolar. Ademais do anterior plantéxase un horario que facilite a conciliación das familias coas diferentes condicións e casuísticas que se poden dar, tentando ofertar diferentes actividades extraescolares e complementarias ás que se poden acoller as familias. |
A continuación facilitamos tres documentos diferentes para tentar responder ás preguntas e inquedanzas de cada compoñente da comunidade educativa. Para ver os diferentes documentos premer nas imaxes e poderase ver de xeito completo o documento con toda a información. Máis abaixo poderán atopar unha sección de preguntas e respostas que tentan aclarar algunhas dúbidas plantexadas desde o anuncio desta petición.
Ver documentos:
Premer en cada imaxe para ver os documentos | ||
|
Algunhas dúbidas, preguntas e suxerencias que poden completar a información anterior. Todas as preguntas e respostas fanse atendendo a que sexa favorable todo o proceso para a implantación da xornada única de mañán.
Cal vai ser a hora de entrada?
- Ás 09:30 da mañán. O alumnado poderá chegar como ata o de agora uns minutos antes e de ser preciso empregar o servizo de Coidado de mañán que ofrece o Concello de Abegondo.
Cal será a hora de saída?
- A hora de saída xeral do alumnado será ás 16:00 horas. Os luns por mor da xestión do transporte escolar, esta hora de saída será ás 16:30.
Cando podo recoller antes ao meu fillo ou filla?
- No caso de non empregar o servizo do comedor ou no caso de querer recoller antes desa hora ao alumnado. As familias poderán achegarse ao centro ás 14:30 para recoller aos seus fillos/as, no momento que rematan as actividades lectivas.
Vai seguir funcionando o comedor e o transporte escolar?
- Si e nas mesmas condicións que ata o momento. Estes servizos son condición imprescindible que se manteñan. Esta condición forma parte do proxecto e está aprobada pola Xefatura Provincial de Educación. A única modificación será a derivada do cambio horario.
Vou poder empregar o comedor?
- Si, nas mesmas condicións que na actualidade.
Que pasa si non podo recoller ao meu fillo/a ás 16:00?
- En colaboración co Concello de Abegondo e a ANPA do centro, ofertaranse actividades extraescolares e complementarias que facilitarán a conciliación familiar.
Ata que hora pode estar o meu fillo/a nesas actividades?
- O centro ten obriga de atender ao alumnado que asista ás diferentes actividades desde as 16:00 ata as 18:00. Durante ese tempo, haberá profesorado do Claustro de garda no centro para atender e levar ao alumnado ás diferentes actividades.
A que horas podo recoller ao meu fillo/a?
- 14:30 no remate das actividades lectivas
- 16:00 na hora de saída
- 17:00 ao rematar a primeira das actividades (no caso de que a realice)
- 18:00 ao rematar o horario de actividades extraescolares e complementarias
- Máis tarde e de acordo cos horarios da Aula Lúdica do Concello de Abegondo.
Que ocorre si ás 18:00 non podo recoller ao meu fillo/a?
- O Concello, ao igual que fai na actualidade terá aberta a Aula Lúdica ata as 20:00. Este servizo, ao igual que pasa na actualidade está regulado polo Concello de Abegondo.
Ademais das actividades que o Concello poida ofertar en colaboración co Anpa, en que actividades podo apuntar ao meu fillo/a?
- Ao igual que acontecía ata o momento existen no Concello ofertas de actividades como pode ser a aula de música ou en Concellos limítrofes onde se poden realizar actividades coma o conservatorio de música, piscina ou outras vinculadas a entidades privadas (clubs deportivos, academias de diferentes temáticas,...)
Cal será o horario lectivo?
- O horario lectivo será desde as 09:30 ata as 14:30 (5 horas lectivas tal como marca a lexislación e como se ven facendo ata o momento).
En que nos beneficia este horario ás familias?
- Mellor aproveitamento do tempo de lecer e das horas de estudo do alumnado.
- Favorecer o dereito que teñen os nenos e nenas a gozar de tempo de lecer.
- Enriquecer a súa educación ao ampliarse o horario de oferta de actividades extraescolares e complementarias de carácter formativo.
- Acceder a actividades externas ao Concello ao facilitar unha mellora nos horarios da tarde.
- Mellorar a distribución das actividades e acadar un maior aproveitamento e rendemento das mesmas.
- Encaixar os horarios lectivos con outros centros educativos do Concello.
- Facilitar a conciliación familiar e que cada familia poida axustar as súas posibilidades aos horarios.