Entroido 2018

         

       Os Cabaleiros da orde de Santiago, os músicos do Pórtico da Gloria, os sinais do camiño, os peregrinos (antigos e modernos) e por       suposto … todos os animaliños que forman parte do camiño (coidados polas súas árbores protectoras) puxémonos en marcha o pasado   venres de Entroido para saudar a todos os veciños e veciñas de Abegondo.

 O tempo axudou e a choiva fixo un descanso para que a nosa peregrinación fose posible, aínda que tivemos que botar unha pequena   carreira xa chegando de volta ao cole.

Pasámolo moi ben!!!!!! Podedes ver unha chea de fotos na Galería.

Powered by Drupal - Design by artinet