Elena Ferro

           

 O pasado día 23 de Maio a zoqueira Elena Ferro visitou o Ceip Plurilingüe San Marcos.

  Foi un auténtico pracer tela connosco. Explicounos como a súa familia sempre estivo nesta labor artesanal de facer zocos e como o paso do tempo fixo que se tivera que adaptar ás novas modas. Contounos dos tempos nos que ían ás feiras con zocos, cintos ou bolsas e como os novos tempos a levaron a estes novos deseños que tanto nos gustaron.

Pasámolo moi ben con ela e ata lle solicitamos que fixese o “modelo Abegondo”, gusto que nos cumpríu enseguida.

Powered by Drupal - Design by artinet