Agra de San Marcos s/n. 15318 Abegondo - A Coruña. Teléfono: 881 880 201. Fax: 881 880 207. Correo electrónico: ceip.san.marcos@edu.xunta.es
Anillamiento de aves e día da árbore
O pasado venres día 17 de marzo os alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria tiveron a oportunidade de gozar dun espectáculo marabilloso no observatorio de aves do embalse de Cecebre.
Os expertos no tema tiveron moita paciencia para explicarnos o proceso de anillado e o motivo polo que se fai e como, grazas a este traballo, poden levar conta de todo o que acontece cos paxaros que viven no noso entorno ou nos visitan de cando en vez.
Tamén aproveitamos a celebrar o día da árbore e, loxicamente, como íamos celebrar o acontecemento?? Pois plantando, obviamente, labor á que nos axudaron os alcaldes de Abegondo e de Betanzos que non dubidaron e presumir das súas habilidades no tema.