Entroido 2017

            Este ano non só chegou o Entroido a Abegondo, senón que o San Marcos sacouno a pasear           por toda a volta!!!!!!!

Foi un día realmente intenso. Xa empezamos enchéndonos das filloas, orellas e rosquiñas que todas as familias aportastes tan amablemente e que fixeron as ledicias de todos nós. Ás once xa estábamos dálle que te pego á mandíbula.

Despois de fartarnos ben e coller folgos para o camiño preparámonos para invadir Abegondo.

Había xa moito tempo que os nenos e nenas do colexio non saían de parranda para lucir os seus disfraces feitos con tanto agarimo durante días e días. E como podedes ver … arrasamos!!!

 

 

Como tema tiñamos as Raíces Celtas e cada nivel tiña que buscar disfraces que identificasen a nación que levan traballando durante todo o curso.

Sodes quen de adiviñar??????

Tedes moitas máis fotos na Galería, coma sempre. Non perdades a ocasión de gozar delas

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet