ADMISIÓN CURSO 2024/2025
A partir do 1 de marzo ábrese o prazo de admisión de novos alumnos e alumnas para o vindeiro curso académico 2024/25.
PRAZO E LUGAR DE ENTREGA DAS SOLICITUDES: Do 1 ao 20 de marzo. Na secretaría do centro. |
O alumnado que desexe iniciar a súa escolaridade na etapa de Educación Infantil de 3 anos será o nado no ano 2021
Os impresos de solicitude poden recollerse no colexio ou ben descargalos aquí:
Ou cubrilos electrónicamente na aplicación da Xunta:
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/------------------Manual familias para cubrir a instancia na aplicación
E entregala firmada no centro. Tamén se pode cubrir por sede electrónica para o que se precisa certificado electrónico ou a chave 365 para poder asinala.
Os alumnos/as que xa están matriculados no presente curso escolar no colexio teñen a reseva de praza xa feita para a continuidade no mesmo o vindeiro curso escolar.
Se algún alumno/a vai cambiar de centro no vindeiro curso, terá que facer a solicitude de admisión nese centro no prazo establecido e comunicalo a súa vez no noso colexio.
A listaxe provisional de admitidos publicarase no taboeiro de anuncios do centro o 25 abril. Contra a listaxe provisional, poderanse formular reclamacións no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte á súa publicación. Estas reclamación entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación da listaxe definitiva.
A listaxe definitiva de admitidos publicarase no taboeiro de anuncios do centro o 15 maio. Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo de un mes contado a partires do día seguinte á súa publicación.
O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.
VACANTES CURSO 2024/2025
4º EDUCACIÓN INFANTIL | 20 (3 NEAE) |
5º EDUCACIÓN INFANTIL | 0 |
6º EDUCACIÓN INFANTIL | 0 |
1º EDUCACIÓN PRIMARIA | 7 (3 NEAE) |
2º EDUCACIÓN PRIMARIA | 7 |
3º EDUCACIÓN PRIMARIA | 9 |
4º EDUCACIÓN PRIMARIA | 9 |
5º EDUCACIÓN PRIMARIA | 0 |
6º EDUCACIÓN PRIMARIA | 10 |
Normativa reguladora do proceso de admisión para o curso 2024/25
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
RESERVA DE PRAZA NO IES FERNANDO ESQUÍO PARA O CURSO 2024-2025
Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro ábrese o prazo para a reserva de praza dos alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria que vaian cursar os seus estudos de ESO no centro adscrito ao noso, IES FERNANDO ESQUÍO.
Para facer reserva deben cumprimentar o anexo I (pódese descargar en galego ou castelán) e entregalo asinado no noso centro antes do 5 de febreiro.
A solicitude tamén a poden cumprimentar de forma electrónica, a través da aplicación: www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, no menú:
Solicitudes - Reserva - crear
E logo entregala no noso centro asinada. Ou asinala en sede electrónica para o que se precisa a Chave 365 ou un certificado dixital.
Se van cursar a ESO noutro centro terán que facer a solicitude de admisión nese centro, no prazo establecido para ese trámite (1 ao 20 de marzo).
LEXISLACIÓN APLICABLE
-
Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
-
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Reparto de froita e leite na escola
De novo, neste curso 2023/24, participamos no programa Froita fresca e leite na escola. Esta iniciativa realízase en colaboración coa Consellería de Medio Rural e o Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).
Consiste nunha campaña de concienciación para xerar hábitos saudables de consumo de froita e leite de forma habitual, ofrecendo de forma gratuíta ao alumnado produtos de tempada nos períodos de recreo. Contaremos con financiamento para distribuír durante vinte períodos froita e cuarenta leite líquido, distribuídos ambos en dúas quendas.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »