Saltar navegación.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024/25

Estimadas familias:

 

Queremos informarlles que a Consellería de Educación ven de publicar a convocatoria que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas para a compra de libros de texto e material escolar para os alumnos/as matriculados en educación primaria para o curso 2024/25.

 

Os alumnos/as matriculados nos cursos de 5º e 6º para o curso 2024/25, que son cursos E-DIXGAL, están excluidos da participación no fondo solidario libros de texto, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar.

 

As solicitudes descargaranse da aplicación informática Fondo libros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) ou nesta páxina, descargando os anexos de abaixo.

 

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 21 de xuño, inclusive, e entregaranse, preferiblemente, por vía telemática ou, de forma presencial no centro. Por vía telemática a través da aplicación de fondolibros ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

ANEXO I y II

 DOCUMENTACIÓN

 ----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 NORMATIVA QUE REGULA O FONDO LIBROS