Saltar navegación.

Día da Paz

Con motivo do Día da Paz, os nenos e nenas do CEIP San Isidro tivemos unha xornada moi bonita. Bailamos, cantamos e gozamos deste día tan sinalado. Á nosa celebración acompañounos Carmen, psicóloga de ALMAT (Asociación de Loita contra os Malos Tratos), que nos adicou unhas palabras sobre o significado da Paz e explicounos o gran labor que fan na súa asociación.

Para colaborar con ALMAT, os nenos/as, mestres/as e familias fixemos unha donación para esta causa tan especial. 

Moitas grazas Carmen por amosarnos que todos/as xuntos/as podemos facer cousas grandes!