Unha visita moi especial.
O pasado mércores visitou o colexio o árbitro de primeira división de fútbol Ignacio Villanueva, que impartiu unha interesante charla ao alumnado de quinto e sexto de educación primaria sobre a paz, a igualdade e o respecto. Tamén falou acerca da súa traxectoria persoal e profesional.
Finalmente, contestou a diversas e moi variadas e interesantes preguntas que os nenos e nenas lle fixeron. Foi un pracer que compartira con nós a xornada e todas as súas experiencias e anécdotas.
Moitas grazas Nacho!
»