Saltar navegación.

ARRANXOS NO COLEXIO

O pasado día 8 de novembro e a instancias da Inspección, o Equipo Directivo do Cole entrevistouse, en Coruña, co Xefe Territorial de Educación para solicitar os arranxos e obras que precisa o Centro.

Despois de expoñerlle as necesidades do Colexio (algunhas das cales véñense solicitando desde o ano 2005) e das que xa tiña constancia o Concello desde o mes de setembro, o Xefe Territorial decide visitar o Colexio o día 12 de novembro.

Acode acompañado dun técnico da consellería, do alcalde e da concelleira de culltura e comprométense a acometer distintas actuacións:

  1. Construción do parque de infantil.
  2. Pechamento do hall de entrada do ensanche co gallo de evitar a perda de calor e construción dun aseo nesa zona.
  3. Arranxo de desperfectos no tellado.