Eventos
Estimados pais/nais:
O vindeiro venres 3 de novembro, celebraremos no noso colexio o San Martiño-Magosto e o Samaín.
Como todos os anos, haberá a tradicional exposición de cabazas.
Os nenos traerán da casa a cabaza aberta e baleira, cos cortes que lle queiran poñer (ollos, nariz, boca...) xa feitos e xa decorada. A vela para colocar dentro que sexa de base ancha e non moi alta.
Esperamos contar coa vosa colaboración.
AS CABAZAS TRAERANSE O XOVES DÍA 2. NON AS ABRAN ANTES DO MÉRCORES NIN AS ENCENDAN PORQUE PUDRIRÍAN MOI RÁPIDO.
Enviaremos máis información sobre a celebración a vindeira semana.
Un saúdo
INVITACIÓN
Estimados pais/nais:
Como xa lles informamos a semana pasada, o vindeiro 3 de novembro, celebraremos no noso colexio o San Martiño, Magosto e o Samaín.
A partir das 12:00 h. iniciarase a celebración do San Martiño e o Magosto, con chourizos e castañas para todos, ao que convida a ANPA do colexio.
- As portas do colexio abriranse a partir desa hora (12:00 h.) para poder visitar a tradicional exposición de cabazas e participar da xornada.
Ás dúas menos cuarto, será a saída como un día normal de clase.
RECORDADE QUE AS CABAZAS TEÑEN QUE TRAERSE AO COLEXIO O XOVES. NON VIMOS DISFRAZADOS.
Agardamos a súa presenza.
un saúdo
Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de infantil e os alumnos e alumnas de 1º de Educación Primaria, realizan unha visita á VOZ DE GALICIA de Ferrol.
O alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria asistirá á obra de treatro "Lúa" da compañía Ghazafelhos no Pazo da Cultura de Narón o día 9 de novembro.
A saída será ás 9:30 hrs.
Hoxe nos visita Adolfo Mira, presidente da Asociación de torneiros da Madeira "Virutas" de Narón