Estimadas familias:
Chegou o momento do descanso, de felicitar e valorar o esforzo d@s nos@s nen@s e de desfrutar do verán.
Pero como “augafestas profesionais” está no noso deber mandar unha serie de consellos e recomendacións para manter un bo ritmo de traballo cara o vindeiro curso, seguir entrenando o cerebro e nalgún caso repasar contidos que van algo frouxos.
Aquí van as nosas recomendacións para os nenos e nenas:
Le, en voz alta e silenciosamente todos os dias un pouco (libros cómics, revistas, etc.)
- Segue entrenando nas libretas (especiamnte na cuadriculada), con copias curtas ou ditados.
- Practica a escritura creativa (inventa historias, escribe un diario, crea relatos locos, inventa chistes, etc).
- Se precisas fichas de reforzo podes imprimir e traballar no caderno de verán que deixamos aquí en adxuntos.
- Podes xogar a xogos educativos online como os que aparecen na páxina www.cristic.com, por exemplo, supervisado por un adulto.
- Podes pedir que che descarguen nunha tablet aplicacións de repaso coma estas : (algunhas conteñen demasiados anuncios pero non atopamos ningunhas sen eles)
- Para practicar un pouco de todo APP PUPITRE de Santillana.
- Para repasar lengua: LENGUAJE 7 AÑOS de The city of the apps.
- Para repasar mates: MATES 7 años, de The city of the apps.
- Para aprender a pintar: DIBUJO FÁCIL DE KAWAII: CÓMO DIBUJAR PASO A PASO. De Better Life - Color and Draw
- Para practicar o reloxo:CLOCKED CLOCK de merakName
- Repasar os euros CONTAR DINERO MONEDAS EURO de Boriol
- E, se podes, non deixes de facer estas cousas tan guais:
- Aprender a xogar a un xogo de mesa ou de cartas novo.
- Facer limoada caseira e tomala ben fresquiña.
- Mirar as estrelas un bo rato.
- Coidar unha planta.
- Tirarse nunha piscina salpicando todo o posible.
- Ver fogos artificiais.
- Fai deporte, canta, baila, etc.
- Guerra de globos de auga.
- Busca formas nas nubes.
- Superar o teu record en altura de castelo de area.
- Non tirar nunca nada de basura ao chan, nin na praia ou campo.
- Aprende a facer algunha receita de cociña, se é saudable moito mellor.
- Dar todos os días a lo menos un abrazo.
- Ocuparse dalgunha tarefa da casa (ti tamén vives aí).
- Di todas as veces que o precises QUÉROTE MOITO.
- SÉ MOI MOI FELIZ.
Desexamos de todo corazón que pasarades un curso estupendo e que disfrutedes das vacacións.
Con moito cariño
As profes de 2º