Estimadas familias de 4º de EI,
O profesorado e o equipo directivo queremos darvos a benvida a este centro e desexarvos un feliz curso escolar.
O vindeiro xoves día 7 de setembro, de 12:30 a 13:30 horas, teredes unha reunión coas titoras no Salón de Actos, situado no 2º andar, na que se trasladará información importante sobre o período de adaptación e outros aspectos e aclararanse as dúbidas que poidan xurdir.
Os listados para coñecer o grupo asignado están expostos no taboleiro do interior do centro. En arquivos adxuntos tedes información sobre a organización do período de adaptación nos grupos A e B.
Recibide un cordial saúdo.