O luns día 5 tivo lugar no salón de actos do centro a entrega de diplomas do programa TEI (Titoria Entre Iguais).
O alumnado de 5º e de 3º de EP é o protagonista convertíndose os de 5º en titores e os de 3º en titorizados.
O obxectivo do programa é favorecer a convivencia, as relación sociais, a resolución pacífica de conflitos, a prevención do acoso escolar, a TOLERANCIA CERO a calquera tipo de violencia, ao que se une o fomento de valores como o respecto, a empatía, o compañerismo e a confianza.
Agradecemos o seu acompañamento neste acto a:
- Dona Inés Rey (alcaldesa de A Coruña)
- Don Jesús Celemín (concelleiro de Educación)
- Don Emilio Veiga (director do Centro de Formación e Recursos)
-
Don Xosé Marquina e Dona Carlota Sánchez (clube Deportivo Genuine e Feminino)
- Dona María José Couso: ex-titora do alumnado titor de 5ºB.
Agradecemos especialmente ao profesorado titor dos grupos de 3º e de 5º de EP pola súa implicación ao longo do curso neste programa.