Skip to Content

Orientación

RECURSOS EDUCATIVOS PARA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

O profesorado de PT e AL ofrécenos unha selección de RECURSOS EDUCATIVOS PARA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE organizados por niveis de competencia, que nos poden ser útiles.

 Etapa Infantil:

- Recursos dixitais interactivos de Lectoescritura e Matemáticas, da editorial Algaida

- Conceptos básicos e grafomotricidade:

 Etapa Primaria, primeiro tramo:

 - Atención, razoamento cognitivo

- Razoamento matemático

- Táboas de multiplicar

- Materiais imprimibles

- Comprensión lectora, nivel inicial

- Comprensión lectora, nivel medio

- Colorear(realidade aumentada)

 Etapa Primaria, segundo tramo:

- Mellora da competencia lectora

 - Apuntes de gramática

- Mapa de recursos para 5º e 6º

- Escritura creativa

- Retos de razoamento lóxico

- Realidade aumentada (contidos educativos) : CIENCIAS

 

Benestar e convivencia

1. Creación da figura da coordinadora ou coordinador de benestar e convivencia:

ORDE do 23 de agosto de 2023 pola que se establece a figura da persoa coordinadora de benestar e convivencia nos centros docentes de Galicia.

 

2. O pasado mes de xaneiro publicouse o Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar, así como a actualización do Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar 

 

3. Nestes documentos recóllese a posta en marcha dun Punto Laranxa contra o Acoso Escolar en todos os centros educativos, así como en todos os centros xuvenís e residenciais. Trátase dun punto físico e tamén virtual, de denuncia accesible a calquera persoa.

Estes puntos laranxas contarán cunha imaxe común e uniforme para que sexan perfectamente identificados  e  funcionarán a modo de caixa de correo a través da cal se pode comunicar ou denunciar, dende unha posición anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou perciban en terceiros.

Estamos na espera de recibir as instruccións e o material preciso para poñer en funcionamento os  Puntos Laranxas.

BOLSAS NEAE 2023-2024

Informamos de que está aberto o prazo para a solicitude de becas para alumnado NEAE. 

INFORMACIÓN

BECAS ALUMNADO NEAE

Está aberto o prazo para a solicitude de becas para alumnado NEAE. 

Para mais información prema na imaxe.  

BECAS ALUMNADO NEAE

Está aberto o prazo para a solicitude de Becas para alumnado NEAE. 

Para mais información prema na imaxe.  

 

TEMPO DE EMOCIÓNS

Este curso está a ser diferente, extraño, especial. Neste tempo dende que deixamos de estar no colexio para quedar na casa, experimentamos toda clase de emocións e non sempre resulta fácil saber como nos sentimos. En ocasións podemos sentirnos preocupados por non saber o que vai pasar, tristes por non poder ver aos amigos, os avós, enfadados porque non podemos facer o que nos gustaría... ou felices de poder pasar máis tempo cos papás e xogar con eles. Volver saír ás rúas, ao aire libre, xogar no parque ou na praza, montar na bicicleta, aínda que sexa por tempo limitado, fainos sentir máis alegres e esperanzados, porque iso quere dicir que moi pronto poderemos regresar á normalidade.

Estes libros e actividades axudarannos a coñecer un pouco mellor as nosas emocións para  aprender a manexalas. Acompáñase dunhas FICHAS DE ACTIVIDADES 

 

 

FELIZ DÍA DA NAI

Hoxe é un Día da Nai diferente, pero moi importante.

Queremos enviar a todas as nais un forte abrazo virtual, que pronto poderá ser real.

MOITO ÁNIMO E FELIZ DÍA DA NAI!!

Fai click na imaxe para ver un video:

UN DÍA MÁIS É UN DÍA MENOS

Moi pronto os nenos e nenas poderedes saír á rúa acompañados polo voso papá, pola vosa  mamá, ou por un familiar adulto...

A través deste conto, Oso Goloso quere darvos unhas recomendacións para desfrutar destas saídas tan desexadas sen riscos para a saúde.

 

Ánimo! Un día MÁIS é un día MENOS!

 

(Fai click na imaxe)

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Hoxe, día 23 de abril, celébrase o DÍA DO LIBRO e hai costume este día de  regalar e intercambiar libros e rosas.

A biblioteca do noso centro ten interesantes propostas para vós, podedes acceder a ela dende esta ligazón:

O BLOG DE ELMER NA CUBELA

Dende o Departamento de Orientación queremos agasallarvos cunha pequena colección de libros infantís en formato dixital, que esperamos vos gusten.

Facede click na imaxe e aparecerán:

 

ÉRASE UNHA VEZ UN CONTO

A páxina ÉRASE UNA VEZ UN CUENTO ofrécenos unha serie de contos curtos que podedes ler e tamén ver e escoitar en youtube.

Van acompañados dunhas divertidas CORONAFICHAS, para facer máis entretidos os días que pasamos na casa.

Están dirixidas a nenos e nenas de 5 a 9 anos.

 


Distribuir contido


by Dr. Radut