Skip to Content

Educación Musical

Contido do área de Educ. Musical

MÚSICA E EVOLUCIÓN

O pasado luns o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria asistiu a un concerto explicativo da man dos músicos Rosa e Pablo.

O alumnado tivo a oportunidade de coñecer o porqué dalgúns roles do ser humano na sociedade explicado a través da música tradicional galega.

Todo, ao tempo que se informaban sobre a evolución dos instrumentos galegos que coñecen hoxe en día e da importancia da música na sociedade xa desde as orixes da humanidade e ata os nosos días.

A conclusión foi que a música abarca moitos ámbitos da nosa vida redundando con importantes beneficios en cada un de nós como seres humanos e en conxunto como sociedade.

Velaquí algunhas imaxes da actividade.

 

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O luns 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. 
Desde o CEIP San Francisco Javier queremos promover a paz nas relacións cos demais.
O alumnado elaborou nubes con mensaxes con desexos de paz, de tolerancia, de igualdade e de solidaridade;  leu un manifesto e cantou unha canción que expresan a necesidade dunha sociedade que fomente o valor da paz.
Agradecemos ao alumnado o entusiasmo e ao profesorado a colaboración neste día.
 

CONSERVATORIO DE MÚSICA. XORNADAS DE PORTAS ABERTAS.

Desde o CMUS Profesional de Música de A Coruña convidan aos nenos e nenas a coñecer de preto o Conservatorio e os distintos instrumentos que nel se poden estudar.
Para elo celebrarán unhas xornadas de portas abertas durante o mes de marzo. Animádevos a visitalo!.

OBRADOIRO DE ECOPERCUSIÓN 5º E 6º EP

O NOSO MAGOSTO

Esta foi unha xornada especial entre todo o alumnado do centro. Compartimos momentos entre maiores, medianos e pequenos e, cunha colaboración conxunta, desfrutamos das actividades planificadas para este día.

 

 VÍDEO                CANCIÓN 

BLOG DE MÚSICA E DANZA

XOGAMOS COA MÚSICA

ESTE ANO COMO NOS ANTERIORES TIVEMOS MOITA MÚSICA. ¡QUE GUAI!

GRAZAS INMAAAAAAA.

VER FOTOS.

Distribuir contido


by Dr. Radut