Skip to Content

Actividades Extraescolares

ACTO ENTREGA DIPLOMAS TEI

O luns día 5 tivo lugar no salón de actos do centro a entrega de diplomas do programa TEI (Titoria Entre Iguais).

O alumnado de 5º e de 3º de EP é o protagonista convertíndose os de 5º en titores e os de 3º en titorizados.

O obxectivo do programa é favorecer a convivencia, as relación sociais, a resolución pacífica de conflitos, a prevención do acoso escolar, a TOLERANCIA CERO a calquera tipo de violencia, ao que se une o fomento de valores como o respecto, a empatía, o compañerismo e a confianza.

Agradecemos o seu acompañamento neste acto a:

  • Dona Inés Rey (alcaldesa de A Coruña)
  • Don Jesús Celemín (concelleiro de Educación)
  • Don Emilio Veiga (director do Centro de Formación e Recursos)
  • Don Xosé Marquina e Dona Carlota Sánchez (clube Deportivo Genuine e Feminino)
  • Dona María José Couso: ex-titora do alumnado titor de 5ºB.

Agradecemos especialmente ao profesorado titor dos grupos de 3º e de 5º de EP pola súa implicación ao longo do curso neste programa.

 

CITA EN MARÍA PITA VENRES 19 DE MAIO

Estimadas familias, 

Este ano volvemos a participar no Proxecto Semente, iniciativa do Concello da Coruña para promover o espírito emprendedor e as habilidades sociais entre nenas e nenos. 

As nenas e nenos de 5º de EP traballaron moitísimo e crearon unha cooperativa moi especial. Dedicaron moito esforzo e creatividade para desarrollar os seus propios produtos que venderán neste mercado, mañá venres 19 de maio na Praza de María Pita, de 16:30 a 20:30 horas. 

Estades todas e todos invitados a que nos acompañedes, será un momento cheo de alegría e diversión para toda a familia, e un gran apoio para as nosas nenas e nenos de 5º de EP. 

Vémonos alí!!! 

 

Visita ao Fórum Metropolitano

O mércores 1 de marzo, o alumnado de 4ºA EP visitou a biblioteca do Fórum.

Pasáronno xenial aprendendo co bibliotecario e coa bibliotecaria.

SAÍDA AO FÓRUM METROPOLITANO

O xoves o alumnado de 1º ciclo de EP acudiu ao Forum para asistir á representación da obra teatral Nina Ninnette.

                              

OBRADOIRO DE IGUALDADE

Esta semana tivemos unhas xornadas de Educación en Igualdade en colaboración coa ANPA "A Cubela". Os primeiros en participar con Jumpingkids foron as alumnas e alumnos do 1º ciclo de EP. Continuarase ao longo desta semana co alumnado de Educación Infantil, e para a próxima participará o alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria con Almas Merakis. 

A través de distintas actividades comprenderon que as cores non teñen xénero, que todas e todos somos iguais e que podemos adicarnos ao que desexemos.

Foi unha actividade moi enriquecedora. 

Ademais, a ANPA organizará uns obradoiros de igualdade para as familias do centro:

Os días 3 e 4 de novembro de 16.00- 18.30horas no salón de actos do noso colexio.

Agradecer á ANPA a súa colaboración.

GRAN PRIX FINANCIEIRO

O luns e o martes o alumnado de 5º e 6º aprendeu sobre educación financieira cunha actividade promovida por Abanca.

As alumnas e alumnos comprenderon a importancia de xestionar ben os cartos, a valorar como se conseguen e a priorizar os gastos da vida cotiá.

Diferentes medios de comunicación informaron da actividade:

Cadena Ser

 El Ideal Gallego

 La Voz de Galicia 

VISITA Á POLICÍA LOCAL

O pasado mércores, 21 de setembro, estrenamos as saídas. As alumnas e alumnos de 4º de EP fomos ca Policía Local a aprender un pouquiño máis sobre Educación Vial.

Vimos a sala de cámaras de vixilancia, aprendimos a parar o tráfico , e a Concelleira de Urbanismo explicounos os distintos tipos de semáforos.

E non só aprendimos un montón, senon que ademáis... Regaláronnos unhas camisetas moi chulas.

PROXECTO SEMENTE

Este ano, o alumnado e o profesorado de 6º de EP do CEIP San Francisco Javier, participaron no PROXECTO SEMENTE organizado polo Concello de A Coruña

Trátase dun programa educativo co que se pretende fomentar os valores da economía social e o espíritu emprendedor a través da creación e xestión dunha cooperativa escolar na aula. 

O pasado venres 28 de maio, acudiron á praza de María Pita para poñer á venda os seus produtos no MERCADO SEMENTE.  O recaudado donaronno a tres asociacións: 

  • AECC:  Asociación Española Contra el Cáncer
  • ASANOG: Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia
  • FUNDACIÓN CRAM: Fundación dedicada á protección do medio mariño.

Queremos darvos os parabéns por este xesto que vos converte en campións en valores como a solidaridade, a empatía e a xenerosidade . 

 

 

Os medios de comunicación recolleron a noticia: 

 

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Ao longo desta semana celebramos con distintas actividades a semana da paz. Velaquí as temos!.

 

 

CAMPAÑA SOLIDARIA

Un ano máis o CEIP San Francisco Javier colaborou co Banco de Alimentos Rías Altas na campaña solidaria de recollida de alimentos para as persoas mais necesitadas e vulnerables da nosa cidade.  

Queremos agradecer a todas as familias a vosa colaboración, xenerosidade e solidaridade, o que permitiu entregar hoxe tres caixas cheas de alimentos a dita entidade. 

GRAZAS!!!!

 

                       

Distribuir contido


by Dr. Radut