Skip to Content

Educación física

XA TEMOS ROCÓDROMO

Estimada comunidade educativa, 
 
Comprácenos informarvos que o noso centro acaba de instalar un rocódromo no patio escolar.  
Este novo elemento, non só nos proporcionará unha nova actividade para os nosos estudantes, senon que tamén promoverá a actividade física e mellora da coordinación e equilibrio.
 
Queremos agradecer a colaboración do Concello de A Coruña  para que este proxecto poidera convertirse en realidade. 
 

BAILE DE BUXAINAS!!!

Xa é Outono no noso colexio, e como non podía ser doutro xeito xa empezaron a bailar as buxainas polos nosos patios. E quen mellor que o gran campeón de buxainas mexicano, Omar Pule, para facer con elas incribles trucos diante das miradas asombradas de alumnas, alumnos e tamén de profesoras e profesores. Agora só nos queda rescatar as nosas buxainas, dese curruncho no que estiveron agochadas, e disfrutar un ano máis da maxia e o magnetismo do seus bailes.

Vira na roda da vida

Vira como unha buxaina

Por cada volta que vira

Vaise unha pena da ialma

(Xosé Lois Romero)

 

 

 

RODANDO POLA HISTORIA

O pasado xoves, o alumnado de 5º EP participou na actividade organizada polo Concello, xunto ca área de seguridade cidadá e policía local de A Coruña.

Foron en bicicleta acompañados do profesorado titor ata  a praza de María Pita, e unha vez alí visitaron o Concello. 

Varios medios de comunicación fixéronse eco da noticia. 

La Opinión Coruña

Cadena Cope

</div

CARREIRA ENKI OUTUBRO 2020

O pasado 8 e 9 de outubro participamos na carreira ENKI, a fin de visibilizar a diversidade funcional e poñer o noso grao de area para un mundo mais inclusivo. 

Queremos agradecer a todo o profesorado, alumnado, familias e demáis membros da comunidade educativa a súa colaboración, grazas a cal pasamos unha xornada especial. Pincha na foto para acceder ó vídeo. 

 

                                                   

VISITA DO DEPORTIVO LICEO HOCKEY SOBRE PATÍNS

Esta semana puidemos contar coa presenza de xogadores do club máis laureado de Galicia, o Deportivo Liceo de Hockey Patíns, onde o alumnado de 3º e 5º de EP recibiron dentro da materia de EF unhas nocións básicas sobre o deporte do stick. Para iso contamos coa presenza dos irmáns Di Benedetto e Facundo Bridge, que nos ensinaron a coller o stick e a lanzar a bola, entre outras moitas cousas. Ademais foron entrevistados polas nenas e nenos, que descubriron o esforzo que supón chegar ao niveis máis altos do deporte. Esta colaboración do Deportivo Liceo encádrase dentro do seu programa educativo de fomento dos valores do deporte.

Recólle a noticia a prensa, máis información pinchando aquí.

Foi un pracer contar co Liceo no noso centro e oxalá que podamos seguir contando con eles nos vindeiros cursos.

Moitas grazas tanto aos xogadores como a xunta directiva do club que puxo todo tipo de facilidades.

 

 

Xornada deporte adaptado

 

O martes 12 de febreiro,  o alumnado de 6º de EP participou nunha xornada formativa e deportiva de sensibilización sobre a diversidade funcional da man de Enki : un proxecto que promove a inclusión e visibilizacion dos colectivos e persoas con diversidade funcional, a través do deporte e o ocio.

 Coñeceron de primeira man historias persoais de superación e loita de deportistas con discapacidade, xogaron e realizaron actividades deportivas,  logrando ver a diversidade funcional como un acto de admiración e normalización.

 Tras a charla e presentación inicial cos deportistas,  tivo lugar a Actividade “Ponte no meu lugar”, onde puideron practicar tenis adaptado, handbike, fútbol a cegas e baloncesto en cadeira de rodas.

 Queremos agradecer a presenza dos deportistas, que lograron sensibilizar  ó noso alumnado en valores como a capacidade de superación, coñecer e vivenciar o deporte adaptado como medio de inclusión da discapacidade.

XOGANDO COS AVÓS NO RECREO. PATIOS AMIGOS

UN DÍA MOI INTERESANTE COMPARTINDO COS AVÓS.

PARA SABER MÁIS. PÍNCHADE AQUÍ

ENTROIDO 2018 NO CEIP SAN FRANCISCO XABIER

 HOXE ESTIVEMOS A DISFRUTAR DO ENTROIDO NUNHA ANIMADA FESTA ONDE TODO O ALUMNADO DOS DIVERSOS NIVEIS TIÑA O SEU TEMA DE DISFRAZ.

APRVEITAMOS O NOSO PROXECTO DE BIBLIOTECA E CENTRO "AS EMOCIÓNS...OS SENTIMENTOS", PARA REFLEXAR DUNHA FORMA DIFERENTE E CON MOITO COLORIDO OS NOSOS TRABALLOS.RESULTAOU SOBRE TODO MOI ANIMADO E MOIIIIII COLORIDO.

GRAZAS A TODOS: ALUMNADO, PROEFESORADO, FAMILIAS, ANPA...

SI QUERES VER UNHA PEQUENA REPORTAXE. Pinchade aquí.

TAMÉN TEMOS ALGÚN VIDEO. ComprobaR...

Distribuir contido


by Dr. Radut