Skip to Content

Taboleiro

CONCELLO DA CORUÑA: LISTAXES DE BOLSAS COMEDOR- CURSO 2023-2024

O Concello da Coruña infórmanos de que, dende o 17 de xullo de 2023,  está publicada no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello,a listaxe provisional de concesións e denegación das solicitudes de bolsas municipais de comedor  para o curso 2023-2024. Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado.

Pódense consultar nas seguintes ligazóns:

 -   Taboleiro de edictos

-   Páxina web de servizos sociais

-   Taboleiros dos centros cívicos municipais

Máis información sobre trámites, prazo de alegacións, etc., no arquivo adxunto: Becas comedor.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS DE AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO

Publícanse as listaxes definitivas de libros de texto do fondo solidario adxudicados a alumnado de 3º a 6º de Primaria. Pódense consultar no taboleiro do interior do centro, así como na aplicación fondolibros , entrando a persoa solicitante coa Chave 365 ou certificado dixital.

Nestas listaxes definitivas xa se poden ver que libros vai recibir cada solicitante.

A orde de concesión dos libros é a seguinte:

1.- Matemáticas

2.- Lingua Castelá

3.- Lingua Galega

4.- Ciencias da Natureza

5.- Ciencias Sociais

6.- Inglés

ENTREGA DE VALES

Os días 10 e 11 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas, poderanse recoller na secretaría do centro os vales das axudas concedidas para adquisición de libros de texto (1º e 2º de Primaria) e de material escolar (de 1º a 6º de Primaria). Os vales que queden sen recoller entragaranse en setembro.

ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO

Os libros de texto adxudicados entregaranse en setembro ao alumnado beneficiario de 3º a 6º de Primaria. 

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS: AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024

 

Según o previsto no Artigo 13 da ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto (...)para o curso escolar 2023/24,

Publícanse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar, as seguintes listaxes: 

  • Listaxe provisional de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario
  • Listaxe provisional de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión
  • Relación provisional de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en que se detecten deficiencias

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.

 PRAZO DE RECLAMACIÓNS:

Conforme ao establecido no Artigo 24.c da Orde do 10 de maio de 2023, as persoas interesadas poderán formular reclamacións os días 5 e 6 de xullo na secretaría do centro.

Unha vez resoltas as reclamacións, procederase á publicación definitiva que será anunciada debidamente.

 

 

ACTO ENTREGA DIPLOMAS TEI

O luns día 5 tivo lugar no salón de actos do centro a entrega de diplomas do programa TEI (Titoria Entre Iguais).

O alumnado de 5º e de 3º de EP é o protagonista convertíndose os de 5º en titores e os de 3º en titorizados.

O obxectivo do programa é favorecer a convivencia, as relación sociais, a resolución pacífica de conflitos, a prevención do acoso escolar, a TOLERANCIA CERO a calquera tipo de violencia, ao que se une o fomento de valores como o respecto, a empatía, o compañerismo e a confianza.

Agradecemos o seu acompañamento neste acto a:

  • Dona Inés Rey (alcaldesa de A Coruña)
  • Don Jesús Celemín (concelleiro de Educación)
  • Don Emilio Veiga (director do Centro de Formación e Recursos)
  • Don Xosé Marquina e Dona Carlota Sánchez (clube Deportivo Genuine e Feminino)
  • Dona María José Couso: ex-titora do alumnado titor de 5ºB.

Agradecemos especialmente ao profesorado titor dos grupos de 3º e de 5º de EP pola súa implicación ao longo do curso neste programa.

 

TRABALLOS NARRATIVA E CÓMIC

Un curso máis o alumnado realizou traballos narrativos e de banda deseñada. Deixáronnos abraiados coa súa imaxinación e creatividade.

Grazas por participar!.

Saúdos desde o E.D.L.G.

Magosto

Banda deseñada

CITA EN MARÍA PITA VENRES 19 DE MAIO

Estimadas familias, 

Este ano volvemos a participar no Proxecto Semente, iniciativa do Concello da Coruña para promover o espírito emprendedor e as habilidades sociais entre nenas e nenos. 

As nenas e nenos de 5º de EP traballaron moitísimo e crearon unha cooperativa moi especial. Dedicaron moito esforzo e creatividade para desarrollar os seus propios produtos que venderán neste mercado, mañá venres 19 de maio na Praza de María Pita, de 16:30 a 20:30 horas. 

Estades todas e todos invitados a que nos acompañedes, será un momento cheo de alegría e diversión para toda a familia, e un gran apoio para as nosas nenas e nenos de 5º de EP. 

Vémonos alí!!! 

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024. LISTAXES DEFINITIVAS

Informamos que están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2023-2024.

Estas listaxes pódense consultar no taboleiro interior do centro ou telematicamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave 365 ou certificado dixital.

O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Se finalizado este prazo non se formalizase a matrícula, decaerá o dereito á praza obtida.

XA TEMOS ROCÓDROMO

Estimada comunidade educativa, 
 
Comprácenos informarvos que o noso centro acaba de instalar un rocódromo no patio escolar.  
Este novo elemento, non só nos proporcionará unha nova actividade para os nosos estudantes, senon que tamén promoverá a actividade física e mellora da coordinación e equilibrio.
 
Queremos agradecer a colaboración do Concello de A Coruña  para que este proxecto poidera convertirse en realidade. 
 

LETRAS GALEGAS

Ola! Estamos moi contentos de anunciar que o profesorado do equipo TIC preparou un Genially fantástico para celebrar o día das Letras Galegas! O Genially é unha forma interactiva e divertida de aprender. Esperamos que vos guste tanto como a nós.

Distribuir contido


by Dr. Radut