Hello kids! How are you?
Déixovos por aquí, unha semana máis, o que programei para traballar durante os próximos días.
Ide ao Class Book en blinklearning.
Ao pinchar nel apareceravos á dereita a primeira páxina do libro. Tedes que volver a pinchar sobre a portada do libro en miniatura e ao lado desplegarase unha barra azul vertical na que aparecen todas as unidades do libro. Ide a Unit 2 (By the river), apareceranvos en pequeno as páxinas da unidade.
Ide á páxina 16, que é a primeira. Desta vez repasaremos os animais en inglés.
Na páxina 16 facede os exercicios 1 e 2 que son de escoitar e na páxina 17 o exercicio 1, onde tamén poderedes escoitar a canción da unidade (icono do vídeo-song).
Logo propoño que fagades a tarefa que aparece no documento adxunto, relacionada coa temática. Tedes que escribir os nomes dos animais e colorealos. Tamén me gustaría que debuxarades o voso animal favorito.
Recordade: Se non dispoñedes de impresora facede os debuxos nunha folla.
Calquera dúbida, consultádeme por Blinklearning ou no correo amparpaz@edu.xunta.gal
Boa semana e ánimo.
Kisses,Bye!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Write and color the animals.pdf | 253.25 KB |