Skip to Content

Primeiro día no que podemos saír da casa

Hoxe é un día moi especial para tod@s nós. Elmer sábeo e quere compartilo con nós.

HOXE é o primeiro día que podemos saír a rúa despois de 43 días de confinamento na casa. Foi un gran desafío e saímos victoriosos e fixémolo moi ben!! Por iso, Elmer propónvos sacar unha foto o un pequeno vídeo de curta duración para ver como vos sentides e que facedes cando saiades a rúa despois de tanto tempo.

Cando teñades a vosa imaxe ou gravación enviádela ao correo da biblioteca:

bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com

O prazo de entrega rematará o día 3 de maio.

Graciñas pola vosa participación e disfrutade do día.



page | by Dr. Radut