Hello kids! How are you?
Déixovos por aquí o que programei para traballar durante esta semana.
Gustaríame que forades á aula virtual de blinklearning na que estades rexistrados e accederades ao Class Book nas páxinas 2 e 3 (Welcome to the park Street).
Vedes que aparecen varios exercicios, de audio e de vídeo. Se premedes nos iconos do altavoz e do vídeo poderedes escoitar e ver.
Logo de ver os vídeos propoño que fagades a tarefa que aparece no documento adxunto, relacionada coa temática. Tedes que colorear as portas como se vos indica e logo escribir debaixo a cor de cada unha en inglés. (Xa sabedes, se non tedes impresora podedes facer vós os debuxos).
Calquera dúbida, consultádeme no correo amparpaz@edu.xunta.gal.
Bye!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Color the doors.pdf | 451.8 KB |