Skip to Content

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O pasado día 2 de abril celébrouse o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, coincidindo co nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. O obxectivo da celebración dese día era o de espertar o interese e o amor polos libros e a lectura das nenas e nenos e conseguir que adquiran o hábito lector.

Entre as narracións máis coñecidas de Andersen atópanse O parruliño feo, Pulgarciña, A Sereíña, O soldadiño de chumbo, A Raíña das Neves, A traxe do emperador, A princesa e o chícharo, A vendedora de mistos, Os zapatos vermellos...

Por iso, dende o Blog da Biblioteca do colexio proponnos unha actividade para as vacacións de Semana Santa: escollede o conto de Andersen que mais vos guste e facede un debuxo del. Non vos esquezades de poñerlle o título e o voso nome. Facede unha foto ou escaneade a vosa obra de arte e envíadea a:

              bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com


A data límite para enviar os vosos traballos é o venres 10 de abril.

Desempoade os vosos lapis de demais ferramentas de pintura e a crear artistas!!! Bo traballo.



page | by Dr. Radut