Hoxe tivo lugar no noso centro o acto de entrega de diplomas do programa TEI (Titoria entre Iguais).
Os nenos e nenas de 5º e de 3º de EP son os protagonistas da mellora da convivencia, converténdose uns en titores/as e outros en titorizados/as.
O acto tivo lugar na Sala de Usos Múltiples do centro, e acompañáronnos representantes do goberno local, de educación e do mundo do deporte, poñendo en valor coa súa presenza a importancia deste programa .
- Alcaldesa de A Coruña: Dona Inés Rey
- Inspector Xefe: D Iván Mira
- Concelleiro de Educación: D Jesús Celemín
- Director do CFR: D Emilio Veiga
- Xogadoras do Deportivo: Iris e Nuria
Queremos agradecer a todos a súa participación no acto, así como ó equipo docente quen, ca súa colaboración, implicación e compromiso fan posible levar adiante este programa
Varios medios de comunicación fanse eco da noticia: