Benvidas e benvidos a nosa biblioteca!
Somos a Biblioteca do CEIP San Francisco Javier, un centro escolar da cidade de A Coruña.
Este curso escolar fixemos uns pequenos cambios na nosa pequena biblioteca, pretendendo crear un espazo mais acolledor, dinámico e innovador dentro do centro, aínda que quédanos moito por andar.
A nosa mascota, Elmer, ese elefante multicor que visita a nosa biblioteca, é o personaxe dinamizador de todas as aventuras nas que nos embarca.
Agora imos presentar a nosa biblioteca e os seus espazos.
Zona: Libros de consulta
Estes libros de consulta están catalogados seguindo a CDU. A cada libro colócaselle a súa etiqueta coa súa numeración da CDU. Neste espazo atopamos unha sección para adultos, onde están os fondos con carácter divulgativo que serven de axuda principalmente ao profesorado e as familias; e recursos para a atención á diversidade, onde teñen cabida aquelas publicacións para o alumnado que demanda unha atención individualizada.
Zona: Libros de literatura
Dentro da zona de libros de literatura tamén podemos distinguir dous espazos claramente diferenciados:
- Un espazo para os máis pequenos/as onde se atopan os libros para o alumnado de Educación Infantil. Neste espazo os andeis e mobiliario é máis baixo, axeitado ao alumnado.
- No resto do espazo hai libros de literatura infantil para os alumnos/as dos diferentes niveis de educación primaria. Cada un dos andeis onde se atopan os libros de literatura infantil, levan un distintivo (editorial) cunha cor diferente (segundo o nivel lector) para facilitar a hora de escoller os libros e a súa posterior colocación dos libros seguindo a nosa adaptación da CDU.
Zona: Banda deseñada
Zona: Producións propias
Recuncho onde se recollen as producións mais significativas que o alumnado elabora desde as distintas áreas curriculares.
Zona: Kiosko de Elmer
Con publicacións periódicas coma revistas e xornais axeitados as distintas idades do alumnado.
Zona: Audiovisual
Espazo con material en soporte dixital (DVD e CD) principalmente.
Zona: Xestión e Información
Destinada as tarefas de xestión, préstamos e información xeral. Desde aquí complétase de xeito informático o catálogo da biblioteca a través do traballo co Programa Meiga e realízase o procedemento de empréstitos e devolucións de libros ao alumnado e ao profesorado. A organización do material é labor do equipo de apoio á biblioteca.
Zona: Multimedia
Con equipos informáticos con aceso a Internet e distintos programas para creación de presentacións, procesadores de texto... Nesta zona pódese levar a cabo búsqueda e consulta do catálogo en liña.
Zona de traballo e estudo
Espazo onde se pode desenvolver traballos de clase en grupo e gran grupo así como tarefas individuais.