O mércores día 20 de novembro, celebrouse un Pleno Infantil no Concello de A Coruña en colaboración con UNICEF COMITÉ Galicia, con motivo da celebración do 30 aniversario da Convención dos Dereitos do Neno.
O acto estivo presidido pola Exma. Alcaldesa da Coruña, Dona Inés Rey, acompañada do Concelleiro de Educación D Jesús Celemín.
Ó pleno acudiron varios centros da cidade, entre eles o noso, o CEIP San Francisco Javier, onde un grupo de alumnos e alumnas de 6º de EP, representaron ós seus compañeiros e compañeiras , expoñendo un manifesto onde reclamaron un dos dereitos recollidos na Convención dos Dereitos do neno, o dereito a participación, no que aportaron propostas para participar tanto no Concello como no noso colexio .
Queremos dar os parabéns a todas e a todos os participantes pola súa colaboración e esforzo.
Asimesmo, sinalar que hoxe varios medios de comunicación recollen o acto. Deixamos as ligazóns para ter máis información do mesmo.