O martes 12 de febreiro, o alumnado de 6º de EP participou nunha xornada formativa e deportiva de sensibilización sobre a diversidade funcional da man de Enki : un proxecto que promove a inclusión e visibilizacion dos colectivos e persoas con diversidade funcional, a través do deporte e o ocio.
Coñeceron de primeira man historias persoais de superación e loita de deportistas con discapacidade, xogaron e realizaron actividades deportivas, logrando ver a diversidade funcional como un acto de admiración e normalización.
Tras a charla e presentación inicial cos deportistas, tivo lugar a Actividade “Ponte no meu lugar”, onde puideron practicar tenis adaptado, handbike, fútbol a cegas e baloncesto en cadeira de rodas.
Queremos agradecer a presenza dos deportistas, que lograron sensibilizar ó noso alumnado en valores como a capacidade de superación, coñecer e vivenciar o deporte adaptado como medio de inclusión da discapacidade.