As alumnas e alumnos de 5º de EP do noso colexio participaron nunha iniciativa de educación vial : Unha multa, unha flor.
Esta actividade desarrollada pola sección de Tráfico da Policía local e dirixida por Silvia Castro, ten como obxectivos fomentar a mobilidade sostible e a actuación correcta de peóns e conductores.
Os nosos rapaces e rapazas saíron á rúa a observar as distintas actuacións, e non dubidaron en premiar con flores de papel (feitas por eles mesmos) cando as persoas realizaban accións sostibles, ou en cursar denuncias ficticias cando consideraban que había unha infracción.
A actividade foi un éxito, tanto polo valor en educativo como polo entusiasmo que mostrou o alumnado. Queremos agradecer a Silvia a súa implicación, que contribuiu ó éxito da actividade.
A noticia pulicouna La Opinión de A Coruña e pódese consultar pinchando aquí