Por segundo curso, participamos no proxectoTEI, programa de Titoría Entre Iguais, que se caracteriza por ser unha estratexia preventiva de participación e intervención na convivencia no centro.
Entre os obxectivos do programa figuran facilitar o proceso de integración do alumnado, previr as situacións de acoso escolar, favorecer a autoestima e diminuir a inseguridade, de espazos e organización descoñecidas, integrando a TOLERANCIA CERO no centro.
Este ano incorporaránse os novos grupos de 3º e 5º de EP, e continuarán os de 4º e 6º EP.
Dada a importancia do programa, invitamos ás familias do alumnado destes niveis á reunión informativa sobre o mesmo, que terá lugar, o vindeiro luns 21 de xaneiro, ás 18:00 horas no Salón de Actos do colexio.