Skip to Content

CAMPAMENTOS URBANOS 2018-2019

Infórmase da  convocatoria de  Campamentos urbanos dos Centros Cívicos Municipais. A preinscripción para os mesmos, será o mércoles, xoves e venres desta semana, e decir, o 6, 7 e 8 de xuño  en horario de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.00 horas

TEMÁTICA DO CAMPAMENTO  Nos campamentos realizaranse actividades lúdicas, xogos cooperativos, produccións plásticas, etc. En todas as xornadas adicarase unha hora diaria á práctica da lingua inglesa.  Haberá unha excursión en cada quenda, agás nas quendas 1 e 6 (de 10.00 a 18.00 h aprox.).
 
QUENDAS (Non haberá campamento os fins de semana nin festivos) 

Quenda 1, do 25 ao 29 de xuño 

Quenda 2, do 2 ao 13 de xullo 

Quenda 3, do 16 ao 31 de xullo  

Quenda 4,  do 1 ao 14 de agosto 

Quenda 5,  do 16 ao 31 de agosto 

Quenda 6,  do 3 ao 7 de setembro
 
OFERTA DE CAMPAMENTOS:   Centros cívicos que ofertan todas as quendas:   Castrillón, Cidade Vella, Eirís, Elviña, Labañou, Os Mallos, Mesoiro, Monelos, Monte Alto, Novoboandanza, Palavea, Rosales e San Diego. 

Centros cívicos onde se ofertan so as quendas 2 e 3: A Silva, Artesáns, Santa Margarida, Pescadores e San Pedro de Visma.
HORARIO:  Horario xeral,  de 10.00 a 14.00 h   Horario ampliado, de 9.00 a 14.30 h,  só  nos centros cívicos  onde se ofertan todas as quendas

 

 PREINSCRICIÓN No centro cívico onde se desexe solicitar a praza, os días 6, 7 e 8 de xuño, no horario de 11.00 a 13.30  e de 17:00 a 20:00 h. 

SORTEO PÚBLICO: En cada centro cívico o 8 de xuño  as 20.15 h.  O sorteo das prazas de NEE e discapacidade realizarase no centro cívico de Labañou. 

LISTAXE DE ADMITIDOS/AS E DE RESERVAS: 19 de xuño nos centros cívicos, no Teléfono 010 e na web municipal  www.coruna.gal/serviciossociais
INSCRICIÓN 
As datas da inscrición comunicaranse nos centros cívicos e na páxina web municipal  o día da publicación das listaxes.  Para formalizar a inscrición no centro cívico onde se obtivo a praza será necesario: − Aboar o custo do campamento urbano  − Achegar unha fotocopia da tarxeta sanitaria do/da menor  e asinar as autorizacións correspondentes

 

 Ofértanse prazas para nenos e nenas con necesidades educativas especiais (NEE) ou discapacidade, en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo. As prazas serán repartidas entre as distintas quendas. Contarán con monitorado de apoio que non realizará tarefas de carácter hixiénico ou sanitario.

 



page | by Dr. Radut