Skip to Content

BECAS MUNICIPAIS COMEDOR

Hoxe martes 5 de abril de 2016, publícanse no BOP da Coruña as bases que rexerán a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da A Coruña para o curso 2016-2017.

O prazo para solicitalas é do 6 ao 22 de abril, ambos os dous incluídos, e realizarase preferentemente nos Rexistros municipais.

Na propia convocatoria, que se achega en pdf, figuran os Anexos 1 e 2 que se deben presentar, debidamente cubertos e asinados, xunto co resto da documentación xustificativa que se recolle na Base 8 da convocatoria. Achéganse por separado por se son de interese.

A información e os impresos pódénse obter na web municipal de servizos sociais (www.coruna.es/serviciossociales), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.

SAUDOS A TODAS AS FAMILIAS

Programa municipal de traballo con familias

Tfno: 981 18 42 00, ext 33040



page | by Dr. Radut