Skip to Content

Benestar e convivencia

1. Creación da figura da coordinadora ou coordinador de benestar e convivencia:

ORDE do 23 de agosto de 2023 pola que se establece a figura da persoa coordinadora de benestar e convivencia nos centros docentes de Galicia.

 

2. O pasado mes de xaneiro publicouse o Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar, así como a actualización do Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar 

 

3. Nestes documentos recóllese a posta en marcha dun Punto Laranxa contra o Acoso Escolar en todos os centros educativos, así como en todos os centros xuvenís e residenciais. Trátase dun punto físico e tamén virtual, de denuncia accesible a calquera persoa.

Estes puntos laranxas contarán cunha imaxe común e uniforme para que sexan perfectamente identificados  e  funcionarán a modo de caixa de correo a través da cal se pode comunicar ou denunciar, dende unha posición anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou perciban en terceiros.

Estamos na espera de recibir as instruccións e o material preciso para poñer en funcionamento os  Puntos Laranxas.

AdxuntoTamaño
plan_integral_contra_o_acoso_e_o_ciberacoso_escolar_1.pdf655.37 KB
protocolo_educativo_para_a_prevencion_deteccion_e_tratamento_do_acoso_e_ciberacoso_escolarpdf_0.pdf4.04 MB


book | by Dr. Radut