Lembramos que o alumnado admitido no CEIP San Francisco Javier para o curso 2023-2024 deberá formalizar a súa matrícula entre os días 20 e 30 de xuño.
Se finalizado este prazo non a tivese formalizado, decaerá o seu dereito á mesma.
A documentación que deberá presentar é:
-
4 fotografías tamaño carné.
-
Fotocopia da tarxeta sanitaria actualizada da alumna ou alumno.
-
En caso de divorcio ou separación, copia cotexada da sentenza xudicial e/ou do convenio regulador no que conste a custodia da ou do menor.
Unha vez realizada a matrícula, a familia deberá darse de alta na aplicación abalarmóbil, a cal non estará habilitada ata setembro.