O pasado luns o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria asistiu a un concerto explicativo da man dos músicos Rosa e Pablo.
O alumnado tivo a oportunidade de coñecer o porqué dalgúns roles do ser humano na sociedade explicado a través da música tradicional galega.
Todo, ao tempo que se informaban sobre a evolución dos instrumentos galegos que coñecen hoxe en día e da importancia da música na sociedade xa desde as orixes da humanidade e ata os nosos días.
A conclusión foi que a música abarca moitos ámbitos da nosa vida redundando con importantes beneficios en cada un de nós como seres humanos e en conxunto como sociedade.
Velaquí algunhas imaxes da actividade.