O luns 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.
Desde o CEIP San Francisco Javier queremos promover a paz nas relacións cos demais.
O alumnado elaborou nubes con mensaxes con desexos de paz, de tolerancia, de igualdade e de solidaridade; leu un manifesto e cantou unha canción que expresan a necesidade dunha sociedade que fomente o valor da paz.
Agradecemos ao alumnado o entusiasmo e ao profesorado a colaboración neste día.