Despois do parón da pandemia, retomamos o programa TEI, un programa de gran tradición no colexio (desde o curso 2017) cuxo obxectivo e a prevención da violencia e do acoso escolar. Onte presentámolo ás familas de 5º e 3º EP.
O TEI pon en contacto aos nenos e nenas de 5ºEP, que exercerán de titores-as, co alumnado de 3ºEP, que serán os seus titorizados-as.
Cando xurda unha conduta inapropiada da que o alumno/a de 3ª é a víctima, recurrirá ao seu titor/a de 5º para que entre os tres intenten resolver o problema.
Este tipo de actividades prepara ao alumnado para a vida e exercita as súas habilidades sociais para previr problemas de convivencia no futuro.