Comunicamos que o alumnado admitido no CEIP San Francisco Javier para o curso 2022-2023 deberá formalizar a súa matrícula entre os días 20 e 30 de xuño.
Se finalizado este prazo non a tivese formalizado, decaeralle o dereito á mesma.
A documentación que deberá presentar é:
-
4 fotografías tamaño carné.
-
Fotocopia da tarxeta sanitaria actualizada da alumna ou alumno.
-
En caso de divorcio ou separación, copia cotexada da sentenza xudicial e/ou do convenio regulador no que conste a custodia da ou do menor.
Lembramos que, unha vez realizada a matrícula, a familia deberá darse de alta na aplicación abalarmóbil.
O día 28 de xuño, ás 13:00 h, terá lugar unha reunión presencial cas familias de 3 anos previa inscrición no teléfono 881960989 (Indicar asistencia ao realizar a matrícula).