Hoxe, día 20 de abril de 2022, procédese á publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos para o curso 2022-2023.
Estas listaxes pódense consultar no taboleiro interior do centro ou telematicamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave 365 ou certificado dixital.
O prazo de reclamacións ás listaxes estará aberto desde mañá día 21 ata o 27 de abril de 2022, ás 13:30 horas na administración do centro en horario de 09:30 a 11:30 e de 12:00 a 13:30 horas.
As reclamacións resolveranse coa publicación das listaxes definitivas antes do 15 de maio. A súa publicación comunicarase a través da web do centro.
O prazo de formalización de matrícula será do 20 ó 30 de xuño. Se finalizado este prazo non se formalizara a matrícula, decaerá o dereito á praza obtida.