Estimadas familias e membros da comunidade educativa: profesorado e persoal non docente.
Como non podía ser doutra forma, unha vez máis queremos darvos mil grazas pola magnífica resposta á campaña de recollida de MEDICAMENTOS PARA UCRAÍNA.
Hoxe, un grupo de alumn@s en representación de todo o centro, fixeron entrega a Laura, representante da ONG FAMILIES4PEACE dos medicamentos aportados.
Indícannos que hoxe serán clasificados por personal sanitario voluntario, para saír nas vindeiras horas camiño de Ucraína.
Grazas de novo pola vosa solidariedade, colaboración e xenerosidade!!!