Skip to Content

MEDICAMENTOS PARA UCRAÍNA

Estimadas familias:

Como non podía ser doutro xeito, ante unha situación na que toda colaboración é pouca e imprescindible, o noso centro educativo está a colaborar como punto de entrega e recollida de medicación de emerxencia para remitir a UCRAÍNA en colaboración ca ONG FAMILIES4PEACE.

Dada a premura da entrega, a campaña estará aberta desde mañá mércores 16 ata o xoves 17 ás 14:00 horas, día en que está prevista a recollida e o envío aos centros de atención de emerxencia e ao hospital de Odessa.

Dispoñen da información sobre o procedemento de recollida premendo na seguinte ligazón:

 http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanfrancisco/?q=system/files/MEDICAMENTOS%20PARA%20UCRAINA.pdf

 Moitas grazas pola súa colaboración e reciban un cordial saúdo.

AdxuntoTamaño
MEDICAMENTOS PARA UCRAINA.pdf611.08 KB


page | by Dr. Radut