Estimadas familias,
Comunicamos que este ano, debido á situación sanitaria que estamos a vivir, realizaremos a xornada de portas abertas online, nunha reunión virtual/webinar o mércores 9 de marzo ás 17:00 horas a través da plataforma Cisco Webex.
Nesa sesión facilitarase información importante do centro: proxecto educativo, horarios, recursos, actividades, infraestructuras e finalizarase cunha rolda de preguntas.
As familias que estén interesadas en participar na mesma, deberán inscribirse previamente chamando ó número de administración do centro: 881960989 en horario de mañá. A ligazón para poder asistir será enviada o martes día 8 de marzo ó correo electrónico facilitado.
Agradecemos de antemán a súa participación, colaboración e interese por formar parte da nosa comunidade educativa. Aproveitamos a ocasión para enviarlles un afectuoso saúdo.
O Equipo Directivo
Deixamos unha vídeo do centro para que o poidan coñecer e poden realizar un tour virtual pinchando aquí