Estimadas familias,
Mañá empezamos o novo curso escolar con moita ilusión e desexando que o curso que se desarrolle do mellor xeito posible.
Esperamos que pronto funcione Abalarmóbil para que o profesorado titor se poida comunicar con vós,e mentras tanto, empregaremos a web para que poidades estar informados.
Mañá, día 9 de setembro, o alumnado de EP traerá como material ó centro o estoxo (bolis, pinturas, tesoiras,… ), unha libreta, a máscara de reposto e o paquete de folios. Despois será o profesorado do curso quen lles dea as indicacións necesarias para os seguintes días.
Lembramos a importancia de ler o protocolo de adaptación COVID 19 xunto coa circular de inicio de curso, que aclarará moitas das dúbidas que poidan xurdir.
Publicamos nesta entrada de novo as entradas e saídas para que vos resulte máis accesible a información dos puntos de acceso e saída.
MOI IMPORTANTE A PUNTUALIDADE, REPERCUTIRÁ EN BENEFICIO DE TODOS.
O obxectivo das seguintes medidas é a non aglomeración de persoas, tanto a entrada como a saída dos centros, debendo en todo momento garantir as medidas de distanciamento físico interpersoal.
O éxito desde plan vai depender do cumprimento estrito dos horarios establecidos tanto polas familias como por parte do profesorado.
MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN!!!
ENTRADAS E SAÍDAS EDUCACIÓN INFANTIL
ACCESO AO CENTRO: Hora: 9:00 (Non antes para non mesturarse co alumnado de EP). Porta Peonil Rúa Roberto Tojeiro Díaz.
SAÍDA: Hora (segundo táboa) As familias terán que sarír pola Ronda De Outeiro.
NORMAS PARA O ACCESO FAMILIAS DE EDUCACIÓN INFANTIL:
- Permítese só un acompañante adulto por alumno/a con uso obrigatorio de máscara.
- Accederase por Roberto Tojeiro Díaz (NON SE PODE SAIR POR ESTA PORTA), sairase pola Ronda de Outeiro.
- Manterase a distancia de seguridade entre as persoas.
- Os adultos non poden subir as escaleiras do porche.
- Abandonarase o recinto o antes posible, evitando atascos e grupos de persoas
NIVEL |
ENTRADA |
ACCESO RECINTO |
LOCALIZACIÓN ALUMNADO |
SAÍDA |
LUGAR DE RECOLLIDA |
4º EI |
9:05 |
Rúa Roberto Tojeiro Díaz |
Porche Porta nº3 |
13:50 |
Porche Porta 3 |
5º EI |
9:00 |
Rúa Roberto Tojeiro Díaz |
Porche Porta nº2 |
13:55 |
Porche Porta 3 |
6º EI |
9:00 |
Rúa Roberto Tojeiro Díaz |
Porche Porta nº2 |
13:55 |
Porche Porta 3 |
ENTRADAS E SAÍDAS EDUCACIÓN PRIMARIA
HORA DE ENTRADA: 9:00 H
HORA DE SAÍDA: 14:00
O alumnado de EP poderá acceder ó centro a partires das 8:55 h, mantendo as distancias de seguridade e evitando atascos.
3º, 4º , 5º e 6º de EP fará as filas na pista cuberta.
1º e 2º EP realizará as filas no porche do centro.
Non estará permitido a entrada de acompañantes.
Habilitaranse 2 accesos:
Ronda de Outeiro: 4 º, 5º e 6º EP. Os alumnos-as irán entrando gardando a distancia de seguridade entre eles e dirixiranse á pista cuberta á súa fila.
Roberto Díaz Tojeiro: 3º, 2º e 1º EP . Os alumnos-as irán entrando gardando a distancia de seguridade entre eles e os de 3º dirixiranse á pista cuberta á súa fila. Os de 1º e 2º ó porche.
5º e 6º de EP sairán polo portalón grande . A entrega do alumnado de 2º, 3º e 4º será pola misma porta pola que entraron, excepto 1º EP que sairá pola porta de acceso de EI.
LEMBRAMOS A IMPORTANCIA DE UNHA VEZ RECOLLIDO O ALUMNO-A DEIXAR ESPAZO PARA QUE AS OUTRAS FAMILIAS POIDAN TAMÉN RECOLLER ÓS SEUS FILLOS-AS, E EVITEN A FORMACIÓN DE ATASCOS E CORRILLOS.
Se algún alumno-a chega tarde esperará fora do recinto co seu acompañante a que entre todo o alumnado. Unha vez que estea libre o porche esperará no mesmo e seguirá as indicacións do persoal do centro para poder acceder á aula.
O retraso ten que ser por causa xustificada, firmando o documento correspondente que se facilitará en administración.