Estimadas familias de 4º de EI,
O profesorado e o equipo directivo queremos darvos a benvida ó centro e desexarvos un feliz curso escolar.
O vindeiro martes día 7 de setembro teredes unha reunión cas titoras no salón de usos múltiples do centro, na que se trasladará información importante e se aclararán as dúbidas que poidan xurdir..
Por protocolo adaptación COVID, realizaranse dúas reunións. Á reunión só pode asistir un dos responsables e non poden acudir con menores.
- 12:00 - 12:30 horas: familias con primeiro apelido empece pola A ata a G
- 12:45 – 13:15 horas: familias con primeiro apelido empece pola L ata a V
En arquivos adxuntos figuran os horarios dos grupos. Serán as titoras as que comuniquen na reunión a qué grupo pertence o seu fillo-a, dado que non se corresponde ca orde alfabética.
Recibide un cordial saúdo